Ir o contido principal

Praza de traballador social no Concello de Cortegada

O obxecto da convocatoria será o acceso como funcionario/a de carreira como traballador/a social, no grupo A, subgrupo A2 da escala de Administración especial subescala Técnica, de conformidade co establecido no artigo 10 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público e no artigo 23 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do empregado público de Galicia.

As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases detalladas no enlace inferior.

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Previamente publicaranse as bases íntegras no BOP e un anuncio da convocatoria no DOG (artigo 205 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia).

Máis infiormación aquí: https://bop.depourense.es/portal/anuncio/350850

Comments