Ir o contido principal

Tres prazas de Condutor de Motobomba no Concello de Teo

Bases e convocatoria do proceso selectivo para a contratación de 3 persoas como condutoras-motobombistas

A Resolución da Alcaldía nº 600/2026 de 20 de maio, aprobou as bases que rexerán a convocatoria para a selección, polo sistema de concurso – oposición, de tres prazas de Condutor de Motobomba.

As bases do proceso selectivo atópanse publicadas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, no portal da sede electrónica do Concello de Teo (https://sede.teo.gal/) e na web municipal (www.teo.gal).

O prazo de presentación de instancias é de dez días naturais e dará comezo ao día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín oficial da provincia da Coruña.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/26/2026_0000003324.html

Comments