Ir o contido principal
BONOS COMERCIO

Bonos Activa Comercio 2026

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración convoca a primeira edición do ano 2026 dos Bonos Activa Comercio. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia

Para seren beneficiarias terán que tramitar as súas solicitudes conforme o seguinte procedemento:

1. Para a solicitude e a obtención dos bonos, cada persoa usuaria deberá darse de alta na web www.bonosactivacomercio.gal indicando a seguinte información:

a) Nome e apelidos.

b) Maioría de idade.

c) DNI ou NIE.

d) Localidade de residencia (código postal).

e) Número de teléfono móbil.

f) Correo electrónico.

2. O uso da páxina web e a descarga dos bonos polas persoas usuarias suporá a aceptación das condicións do seu uso e da política de privacidade, conforme o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación de estes datos, e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), e a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, do que serán informadas convenientemente.

3. As persoas usuarias deberán declarar responsablemente a veracidade dos datos indicados. A Dirección Xeral de Comercio e Consumo poderá solicitar, en calquera momento, os documentos acreditativos dos mencionados requisitos.

4. Así mesmo, as persoas usuarias deberán declarar responsablemente que están ao día no cumprimento das obrigas coa Facenda pública do Estado e da Administración autonómica, así como coa Seguridade Social.

5. Opcionalmente, os bonos poderán solicitarse presencialmente na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e nos departamentos territoriais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Sistema de funcionamento dos bonos

1. A descarga dos bonos polas persoas usuarias realizarase na web www.bonosactivacomercio.gal. Os bonos terán formato dixital a través dun código QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha app que permita realizar pagamentos (Wallet ou similar).

Data de descarga dos bonos.

Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 27 de maio de 2026, ás 9.00 horas, ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas acade os 2.500.000,00 €.

Condicións de uso dos bonos

1. Cada persoa beneficiaria disporá dun único bono, que poderá ser usado nun ou varios dos comercios retallistas adheridos ao programa.

2. Cada bono terá un valor de ata 30 €. En función do importe das compras, poderán obterse os seguintes descontos:

– Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.

– Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.

– Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €.

Todas estas contías enténdense co IVE incluído.

Máis información: DOG DO  25/05/2026


 

Comments