Varias noticias de subvencións no Concello de Teo
As presentes bases teñen por finalidade regular a concesión de subvencións destinadas á organización, promoción, preparación e/ou participación deportiva de clubs e deportistas federados/as no ano 2026, con cargo á partida 340/480.00 do orzamento 2026 por un importe total de 50.000 euros, dos que 13.000 euros se destinarán ás solicitudes formuladas por deportistas federados/as.
As condicións de inscripción poden consultarse no correspondente enlace ás bases detalladas desta convocatoria.
As solicitudes deberán de presentarse no prazo de 15 días hábiles dende a publicación do anuncio das presentes bases no BOP.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/29/2026_0000003490.html
As presentes bases teñen por finalidade regular a concesión de subvencións destinadas á organización, promoción, preparación de eventos e actividades no ano 2026, con cargo á partida 330/48001 do orzamento 2026 por un importe total de 35.000 euros.
Son obxectivos perseguidos polas axudas reguladas nestas bases a potenciación da cultura, a promoción da práctica cultural, a dinamización cultural no Concello de Teo, impulsando ademais deste xeito formas de ocio alternativo.
As condicións de inscripción poden consultarse no correspondente enlace ás bases detalladas desta convocatoria.
As solicitudes deberán de presentarse no prazo de 15 días hábiles dende a publicación do anuncio das presentes bases no BOP.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/29/2026_0000003491.html




Comments