Ir o contido principal
regata

Bandeira de Bateis na Deputación da Coruña

A II Bandeira de Bateis Deputación da Coruña ten por obxecto: incentivar o deporte federado nas categorías base, como elemento vertebrador e garante dunha práctica deportiva segura e de calidade, fomentar a práctica do remo na modalidade de bateis, impulsar a cohesión social e a participación cidadá na provincia, utilizando o deporte como instrumento de integración e dinamización e promover a provincia e os seus municipios como territorios activos, contribuíndo ao seu desenvolvemento económico e social a través do deporte.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

O prazo de inscrición dos clubs participantes para tomar parte na “II Bandeira de Bateis Deputación da Coruña” iniciarase o día seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e finalizará catro (4) días naturais antes da celebración da proba.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/10/2026_0000003903.html

Comments