Ir o contido principal
altair

Campamento de Verán 2026 SetePortas–Altair Compostela

🍂 CAMPAMENTO DE VERÁN – SETEPORTAS–ALTAIR COMPOSTELA

📍 Lugar: Concello de Malpica
🚍 Saída: domingo, 5 de xullo de 2026, ás💫🌟✨⭐ 10:00h, desde o local de SetePortas–Altair (Rúa do Home Santo, 29B, 15703 Santiago de Compostela)
🏠 Chegada: Domingo, 19 de xullo de 2026, ás 18:30h, no mesmo lugar
💰 Cota: 175€ para membros do agrupamento / 200€ para novas incorporacións (inclúe a cota das actividades do mes en curso)

 

📅 Prazo límite de inscrición: 28 de xuño de 2026
📝 Formulario de inscrición: https://forms.gle/JmE27zhjFt5PbLWC8

 

ℹ️ Información adicional:
A equipa educativa de SetePortas–Altair está aberta a valorar a cantidade a aboar e os prazos de pagamento en función da situación particular de cada familia.
Para calquera dúbida, pódese contactar no 📞 633 336 256 ou no correo electrónico 📧 seteportas@altair.gal

Todos os nenos e nenas participantes estarán cubertos pola póliza de accidentes nº 1/4/142664, contratada coa entidade PREVISORA GENERAL, Mutualidad de Previsión Social, actualmente en vigor e ao corrente no pagamento das primas.

💫 Seteportas-Altair é máis que un agrupamento: é un espazo educativo e comunitario no que crianzas e familias aprenden facendo, xogando e compartindo valores de fraternidade, solidariedade, compromiso e respecto.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración na difusión desta información e no apoio a proxectos de educación en valores e participación xuvenil.

Comments