Subvencións a Entidades deportivas no Concello de Betanzos
O Concello de Betanzos quere, pola presente convocatoria, dar apoio ás entidades deportivas e contribuír para que acaden os obxectivos que lles son propios, fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, contribuíndo, deste xeito, a impulsar a igualdade e a democratización da sociedade.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.
O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e terá unha duración máxima de quince días hábiles.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/16/2026_0000004006.html




Comments