Ir o contido principal
ayuntamiento

Subvencións Municipais para entidades deportivas no Concello de Betanzos

O Concello de Betanzos quere, pola presente convocatoria, dar apoio ás entidades deportivas e contribuír para que acaden os obxectivos que lles son propios, fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, contribuíndo, deste xeito, a impulsar a igualdade e a democratización da sociedade.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e terá unha duración máxima de quince días hábiles.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/16/2026_0000004008.html

Comments