Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre da ETL Xaruma en Vigo
A Escola de Tempo Libre Xaruma organiza en Vigo un novo Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, unha formación dirixida a persoas interesadas en adquirir competencias para o desenvolvemento de actividades educativas, de lecer e tempo libre con infancia e mocidade.
Datos do curso:
- Organiza: Escola de Tempo Libre Xaruma.
- Lugar: Vigo.
- Enderezo: Torrecedeira, 66. 36202 Vigo.
- Datas: Do 30 de xuño ao 31 de xullo de 2026.
- Horario:
- Luns, martes e xoves: de 9:00 a 14:00 h e de 15:00 a 20:00 h.
- Mércores e venres: de 9:00 a 15:30 h.
- Consultar calendario para días especiais.
- Prazo de inscrición: Ata o 26 de xuño.
- Prezo:
- 300 € para voluntariado activo e persoas socias.
- 310 € tarifa ordinaria.
- Desconto de 20 € para grupos de 20 persoas ou máis.
Requisitos de acceso:
- Ter 18 anos cumpridos.
- Estar en posesión do graduado escolar ou titulación equivalente.
Entre os aspectos destacados desta formación atópase a posibilidade de realizar as prácticas na propia entidade, especializada en saúde mental e educación medioambiental. Ademais, o alumnado poderá facer uso do espazo da entidade para comer durante as xornadas formativas.
As persoas interesadas poden obter máis información e formalizar a súa inscrición a través da páxina web de Xaruma. A entidade tamén pon á disposición o teléfono 698 175 266 e o correo electrónico etlxaruma@gmail.com para resolver dúbidas relacionadas co curso.




Comments