Ir o contido principal
axudas material escolar

Axudas para adquirir libros e material curricular no Concello de Redondela

É obxecto desta convocatoria establecer un réxime compensatorio de carácter social destinado a colectivos con carencias económicas, co fin de paliar os gastos que supoñen a escolarización dos membros da familia.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

O prazo de presentación de instancias será a partir do día seguinte ao da publicación oficial do extracto desta convocatoria no BOPPO, ata o día 31 de xullo de 2026, inclusive.

Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/06/22/2026049408

Comments