Ir o contido principal
material escolar

Axudas para Material escolar no Concello de As Pontes de García Rodríguez

Esta convocatoria ten por obxecto regular a convocatoria para a concesión de axudas destinadas á adquisición de material escolar, co fin de promover o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e compensar as familias para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos/fillas matriculados nos cursos de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria, Bacharelato, FP Básica, Ciclos Formativos de Grao Medio, Superior e Estudos de Conservatorio Profesional de Música todo iso nos termos establecidos no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no regulamento de servizos das corporacións locais, na Lei 5/1997, de Administración Local de Galiza, na Lei 38/2003, do 7 de novembro, xeral de subvencións, no Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, xeral de subvencións, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e nas bases de execución do orzamento do Concello das Pontes de García Rodríguez.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP de conformidade co procedemento establecido no art. 20.8 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/26/2026_0000004238.html

Comments