Ir o contido principal
actividades biblioteca

Bases do programa biblioaventuras no Concello de Cee

O obxecto das presentes bases é establecer as pautas que rexerán o procedemento de selección das persoas participantes no programa “Biblioaventuras de verán 2026”.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

As persoas interesadas poderán presentar a solicitude nun prazo de 7 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, a través do impreso específico para esta convocatoria (ANEXO I), asinado pola persoa solicitante (nai/pai/titor/a), no que se especificará o nome do menor (deberase cubrir un impreso por cada menor), acompañado da documentación correspondente. Os impresos serán facilitados na Biblioteca ou poderase acceder a eles a través da páxina web municipal.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/30/2026_0000004277.html

Comments