Ir o contido principal
Respiro familiar

Axudas para actividades de respiro familiar no Concello de Ribeira

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladores da convocatoria pública para a concesión de axudas individuais en réxime de concorrencia competitiva, de carácter non periódico, para persoas en situación de dependencia e/ou discapacidade, empadroadas no Concello de Ribeira. As axudas están dirixidas a garantirlle a realización de actividades de vida diaria e a súa máxima integración, mellorando o seu benestar e favorecendo a súa mobilidade, comunicación e participación na vida social e económica da súa contorna.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

O prazo para presentar as solicitudes é de dous meses, desde o día seguinte á publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/30/2026_0000004293.html

Comments