Ir o contido principal
gaias

Atardecer no Gaiás 2026

Este verán o ciclo de concertos Atardecer no Gaiás trae o mellorciño da escena galega (e tamén algunha banda de fóra) para gozar dunha ducia de solpores con boa música ao aire libre nas tardiñas dos xoves e venres entre o 2 de xullo e o 14 de agosto. Entre as 14 bandas que reuniremos na praza central da Cidade da Cultura este verán temos representantes do novo tradi galego, grupos de rock para sacudir a melena, de punk rock e pop para saltar e bailar e tamén un bo feixe de rap, ritmos urbanos e electrónica.

Os concertos son de acceso libre a gratuíto e comezarán ás 21:00 horas. No caso de que a previsión meteorolóxica impida facelos na praza, buscaremos unha alternativa ao acubillo para que a música non pare!

Máis info

Comments