A VI Cata Sonora chega de novo ao Museo do Viño de Galicia
Ciclo de concertos 2026 no Museo do Viño de Galicia
Por sexto ano consecutivo terá lugar no Museo do Viño de Galicia unha nova edición da “Cata Sonora”, un ciclo de concertos de moi diversos
xéneros musicais que contará con artistas que compartirán o seu talento nun recinto incomparable e de gran beleza como é a terraza exterior do museo.
Espazo cun atardecer e un silencio pracenteiro só interrompido pola sonoridade da campá da igrexa de Santo André de Camporredondo, parroquia onde pertence o Museo do Viño. (Ribadavia, Ourense).
É unha aposta pola boa música, pola cultura e polo etnoturismo na comarca do Ribeiro.
Esta edición celebrarase durante os meses de xullo e agosto, e contará c@s seguintes artistas:
▃ Xoves 2 de xullo RAPOSA
▃ Xoves 9 de xullo ABRIL FADO ATLANTICO
▃ Xoves 6 de agosto THE BLUES MOONSHINERS
▃ Xoves 28 de agosto AULO PASCUAL, theremin e complementos
O inicio dos concertos ás 21:00h., con entrada libre ata completar o aforo.
Ao remate poderá degustarse unha copa de viño na zona Lounge




Comments