Prazas na Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada
A Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada anuncia a convocatoria pública para cubrir oito (8) prazas de persoal laboral temporal con motivo da 38ª Feira do Moble de Galicia.
– 4 azafatas (4 días).
– 1 auxiliar de mantemento (23 días).
– 1 auxiliar de mantemento (4 días).
– 2 limpeza (8 días).
Os/as aspirantes presentarán as súas solicitudes na sede da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada (Zona Deportiva ##s/n A Estrada) ou ben en calqueira dos lugares previstos na Lei 39/2015, do 1 de Outubro, de procedimento administrativo
común, enviando escaneada a solicitude ao mail da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada (fecae@feiradomoble.com).
- A solicitude deberá acompañarse de:
• Currículo.
• Copia cotexada do D.N.I. ou pasaporte. No caso de extranxeiro/a, acreditar documentalmente as circunstancias que lle permitan acceder legalmente ao posto ofertado.
• Copia cotexada do título correspondente ao Certificado de Escolaridade ou equivalente.
• Para a exención da proba de lingua galega, deberáse presentar copia cotexada ou título de celga 2 ou título de iniciación da lingua galega ou ben, estudos equivalentes homologados polo órgano competente en materia de política lingüística.
• Copia cotexada de todos os méritos que se alegan.
• Informe de vida laboral expedido pola TXSS e contratos de traballo cando sirvan de base para a aplicación do baremo.
(Os/as aspirantes que non estiveran en posesión do título de celga 2, título de iniciación da lingua galega ou estudos equivalentes debidamente homologados polo órgano competente en materia de política lingüística, deberán realizar con carácter obrigatorio e eliminatorio unha proba do idioma, que consistirá nun exercicio de tradución galego-castelán/castelán-galego).
Prazo de presentación de solicitudes: do 9 ao 13 de xullo de 2026.
Máis información: feiradomoble.gal




Comments