Aberto o prazo de inscrición para un curso semipresencial de Monitor/a de Ocio e Tempo Libre en Vilagarcía de Arousa
A ETL Academia Elisa organiza un Curso semipresencial de Monitor/a de Ocio e Tempo Libre en Vilagarcía de Arousa.
- Datas: do 13 ao 31 de xullo de 2026.
- Duración: 200 horas teóricas (100 presenciais + 100 en liña) e 150 horas de prácticas.
- Lugar de impartición: Avenida de Matosinhos, 14, baixo, 36600, Vilagarcía de Arousa.
- Horario: de luns a xoves, de 09:00 a 15:00 horas, e os venres de 09:00 a 18:20 horas.
- Prazo de inscrición: ata o 15 de xullo de 2026.
- Prezo: 260 euros, con posibilidade de pagamento aprazado.
- Requisitos: ter 18 anos cumpridos e contar coa ESO ou titulación equivalente.
- Cursos gratuítos incluídos coa matrícula:
- Curso en liña de Monitor/a de Necesidades Educativas Especiais (NEE).
- Curso en liña de Manipulador/a de Alimentos.
- Máis información e inscricións:
- Teléfonos: 986 50 70 19 / 681 19 10 84
- Correo electrónico: academiaelisa@gmail.com




Comments