Cerceda tapea para o impulso gastronómico no Concello de Cerceda
As presentes bases teñen por obxecto regular o evento “Cerceda Tapea 2026”, que consiste nun proxecto de dinamización do sector hostaleiro con actuacións de participación cidadá, promocionando aos establecementos hostaleiros, dando a coñecer a súa cociña e os seus servizos.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.
Cada establecemento adherido elaborará unha tapa ou varias, en función dos días que participe no evento, que comunicará a entidade local unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes de adhesión, para que poida recollerse na cartelería o establecemento e as tapas que vai ofertar.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/28/2026_0000006208.html




Comments