Ir o contido principal
informacion

LGx15. Ideas para o futuro da lingua

O Teatro Principal de Santiago acollerá o sábado 10 de outubro ás 19.00 horas unha nova edición do encontro LGx15. Ideas para o futuro da lingua. Participan nesta ocasión Inma Soto, Telmo Celeiro, Teresa Carro, Anita Mateu, Jon Amil e Rosa Moledo. O acto estará conducido en formato podcast polo Exército Mekemeke, o recoñecido podcast humorístico en galego e, tamén, canle de contido dixital autodefinida como “a parroquia máis grandes de Internet”. O evento contará coa actuación musical de Sofía Espiñeira.

Esta iniciativa da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) busca compilar ideas, experiencias e propostas que poidan mellorar o futuro da lingua; e conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua, do Concello de Santiago de Compostela, de Deleite e da Fundación Galicia Sustentable.

O LGx15 naceu no ano 2015 e desde entón leva espallando a través das redes un total de 68 charlas con ideas e propostas para o futuro da lingua.

O sábado 10 de outubro de 2026, ás 19.00 h, o Teatro Principal de Compostela acollerá seis novas intervencións para seguir compilando argumentos a favor da lingua.

 

https://codigocero.com/2026/09/28/o-exercito-mekemeke-presentara-unha-n…

Comments