II Copa de bailes latinos e danza coreográfica
A finalidade da copa de bailes latinos e danza coreográfica, é impulsar unha disciplina de gran éxito deportivo na provincia da Coruña que mistura de xeito único deporte, cultura, saúde e inclusión e pode desfrutalo o público de todas as idades, constituíndo esta II Copa Deputación da Coruña de Bailes Latinos e Danza Coreográfica a constatación dunha realidade deportiva de elite mundial xurdida do esforzo continuado de clubs e deportistas da nosa provincia.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.
O prazo de inscrición para participar na II Copa Deputación da Coruña de Latinos e Danza Coreográfica iniciarase o día seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e finalizará sete (7) días naturais antes da celebración da proba.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/10/19/2026_0000006679.html




Comments