Ir o contido principal
Nadal

Concurso de adornos de Nadal con materiais reciclados no Concello de Baiona

O Concello de Baiona, a través das Concellerías de Festexos, Medio Ambiente e Comercio, organiza o presente concurso co obxecto de promover e incentivar a creatividade e implicar a poboación e a todos os sectores da sociedade baionesa na decoración do nadal coa premisa medioambiental de RECICLAR, REDUCIR E REUTILIZAR.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

A inscrición para participar, realizarase na Oficina de Rexistro do Concello ou a través da Sede Electrónica, dentro dos vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOPPO.

Mais información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/10/20/2026073743

Comments