Concurso de fungos e cogomelos no Concello de As Pontes De García Rodríguez
O Concurso de Fungos e Cogomelos de As Pontes de García Rodríguez está promovido polo Concello das Pontes en colaboración da Asociación Micolóxica Poupariña. Este concurso realizase co desexo de fomentar a afección á micoloxía e contribuír á difusión e coñecemento das especies micolóxicas do territorio.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.
O prazo para presentar a certificación de datos bancarios da persoa/s premiada/s rematará o 15 de novembro de 2026.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/10/22/2026_0000006753.html




Comments