Ir o contido principal
carreira

Carreira por camiños e vías verdes da Deputación da Coruña

A III Carreira Deputación da Coruña – Camiños da Vía Verde ten por obxecto: incentivar o deporte federado nas categorías base, como elemento vertebrador e garante dunha práctica deportiva segura e de calidade, fomentar e promover o deporte en xeral a través da práctica do pedestrismo, ofrecendo a posibilidade a toda a poboación de participar, impulsar a cohesión social e a participación cidadá na provincia, utilizando o deporte como instrumento de integración e dinamización, promover a provincia e os seus municipios como territorios activos, contribuíndo ao seu desenvolvemento económico e social a través do deporte.

O prazo de inscrición iniciarase o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, a través da Base de Datos Nacional de Subvenciones (BDNS) e finalizará as 23:59 horas do 18 de novembro de 2026.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/10/29/2026_0000006922.html

Comments