Ir o contido principal
cineuropa

Cineuropa celebra 40 anos co mellor cinema

Cineuropa celebrará do 6 ao 22 de novembro en Santiago de Compostela a súa 40ª edición cunha programación de máis de 150 películas que reúne algúns dos títulos máis destacados da tempada, premiados nos principais festivais internacionais, novos traballos de cineastas fundamentais do cinema contemporáneo e unha ampla representación do audiovisual galego, con varias estreas en Galicia.

Durante 17 días, o festival compostelán reafirmará a súa vocación de achegar ao público películas que dificilmente atoparían outro espazo de exhibición nas salas galegas, combinando grandes nomes da creación autoral, novas voces do cinema internacional, obras que dialogan co presente e propostas que recuperan a memoria histórica.

https://cineuropa.gal/

Comments