Encontro: Fiadeiro. Territorios que conectan
A cooperativa Aventeira organiza "O Fiadeiro. Territorios que conectan" un encontro de iniciativas do Courel e da Ribeira Sacra, coa colaboración de EspazoCoop, o Xeoparque Montañas do Courel e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.
Fecha: 21-22 de novembro
Modalidade: Presencial
Lugar: Xeocámping Montañas do Courel
O Fiadeiro é o primeiro encontro conxunto de iniciativas locais do Courel e da Ribeira Sacra. Busca tecer vínculos entre proxectos que xa colaboran e abrir a porta a novas alianzas para compartir recursos e sacar adiante iniciativas conxuntas. A economía social e as fórmulas cooperativas terán un papel central, como vía para xerar emprego e manter a actividade económica no rural.
O formato recolle o espírito dos fiadeiros tradicionais: poucas relatorías e moito tempo para as presentacións persoais e o traballo en grupos reducidos. Ao remate, a organización compartirá os resultados e as conclusións.
O programa está dirixido: a entidades, empresas, cooperativas e profesionais do Courel e da Ribeira Sacra, especialmente do ámbito do turismo, o patrimonio, a cultura e a economía social. A participación é gratuíta e inclúe o xantar.
Inscricións abertas ata o 16 de novembro.
Máis información: AVENTEIRA




Comments