Código
|
Campo
|
Localidade
|
Provincia
|
Dende/Ata
|
Idade
|
Prazas
|
Ficha
|
Descrición
|
360001 |
Tradición en verde |
Lalin |
Pontevedra |
01/08/2025
12/08/2025 |
18-30 |
15 |
 |
Campo de temática arqueolóxica, etnográfica e medioambiental que persegue como obxectivos, por un lado, a participación na campaña de excavación da Mámoa A Pena do Santo e acondicionamento do Castro de Doade ; e, por outra, a divulgación da cultura e o patrimonio galego a través de varias actuacións no Museo Etnográfico "Casa do Patrón" e a súa contorna, coa elaboración de material informativo, acondicionamento da área recreativa e sinalización da Ruta dos Muíños. |
360002 |
Aldea Alfacuca |
Mos |
Pontevedra |
10/08/2025
21/08/2025 |
18-30 |
15 |
 |
Campo medioambiental para traballar na mellora e posta en valor da aldea Alfacuca , participar nunha campaña para a retirada de especies exóxenas invasoras, fomentando a plantación de árbores autóctonas así como crear unha aula de natureza da propia aldea. |
360003 |
Sendeiros do Louro |
O Porriño |
Pontevedra |
10/08/2025
21/08/2025 |
18-30 |
15 |
 |
Campo medioambiental no que se traballará, entre outras, a problemática da expansión de especies exóticas invasoras e a suá extracción. |
360004 |
Rural influencers |
Cerdedo-Cotobade |
Pontevedra |
06/08/2025
17/08/2025 |
18-30 |
15 |
 |
Este campo de voluntariado propón o reto de poñer en valor a riqueza cultural e patrimonial dos nosos maiores (Rural Influencers) reforzando as relacións e dinámicas que xorden coa mocidade participante. Realizaranse tarefas de dinamización cultural e artística desenvolvendo intervencións de animación (obradoiros, performances, ...) ademais dunha pintura mural de creación comunitaria. |
360005 |
ReseTea Ponteareas |
Ponteareas |
Pontevedra |
06/08/2025
17/08/2025 |
18-30 |
15 |
 |
Realizarase unha intervención para a mellora ambiental, patrimonial e do uso público da contorna da praia fluvial de A Freixa. |
360006 |
Costa azul |
Poio |
Pontevedra |
23/07/2025
03/08/2025 |
18-30 |
15 |
 |
Este campo medioambiental e mariño xirará en torno a limpeza do litoral mariño por terra e mar polo interior da ría de Pontevedra (Lourido, Combarro, illa de Tambo, Chancelas, ...) |
360007 |
Salvemos o mar |
Vilanova de Arousa |
Pontevedra |
04/07/2025
15/07/2025 |
18-30 |
15 |
 |
Campo de temática medioambiental e mariño que se centrará na recuperación ambiental da costa dende a praia das Sinas ata o porto de Vilanova de Arousa, pasando pola praia do Bao, a praia da Braña, a illa da Insuíña, a área de bateas de Vilanova. |
360008 |
A terra que habita no mar |
O Grove |
Pontevedra |
15/09/2025
26/09/2025 |
18-30 |
15 |
 |
Campo de temática medioambiental que tratará de poñer en valor o concello do Grove a través de traballos de limpeza e extracción de especies invasoras, da recuperación de estruturas de observación ornitolóxica, deseño e colocación de carteis interpretativos nas zonas de actuación, etc |
360009 |
Na procura das fortalezas do Baixo Miño: As torres |
Tomiño |
Pontevedra |
08/09/2025
16/09/2025 |
18-30 |
15 |
 |
Neste campo, de temática patrimonial e arqueolóxica, realizaranse unha serie de traballos arqueolóxicos encamiñados á caracterización do sitio de As Torres, identificado no 2020. |
360010 |
Arousa azul |
Vilanova de Arousa |
Pontevedra |
26/08/2025
06/09/2025 |
18-30 |
15 |
 |
Trátase do I Eco-Campo de Voluntariado medioambiental e mariño na ría de Arousa e Illa de Cortegada na que se realizará unha limpeza do litoral. |
360011 |
Illas Cíes I |
Vigo |
Pontevedra |
01/07/2025
12/07/2025 |
18-30 |
20 |
 |
Este icónico campo de voluntariado medioambiental que se desenvolve no paraíso das Illas Cíes permitirá colaborar en labores de mantemento da illa, vixiancia de incendios, labores de información e sensibilización do visitante e intervencións puntuais de mellora no parque en colaboración cos traballadores do servizo de medio ambiente. Está previsto colaborar na limpeza da illa sur (única illa non comunicada por barco de viaxeiros), aínda que esta actividade depende do Parque Natural e non se poderá realizar en todas as quendas. |
360012 |
Illas Cíes II |
Vigo |
Pontevedra |
15/07/2025
26/07/2025 |
18-30 |
20 (*) |
 |
|
360013 |
Illas Cíes III |
Vigo |
Pontevedra |
01/08/2025
12/08/2025 |
18-30 |
20 |
 |
|
360014 |
Illas Cíes IV |
Vigo |
Pontevedra |
17/08/2025
28/08/2025 |
18-30 |
20 |
 |
|
360015 |
Illas Cíes V |
Vigo |
Pontevedra |
01/09/2025
12/09/2025 |
18-30 |
20 |
 |
|