O Concello de Piñor abre o prazo para solicitar as axudas de emerxencia social 2025
O Concello de Piñor vén de publicar as bases reguladoras das axudas de emerxencia social 2025, destinadas a dar resposta urxente a situacións puntuais de necesidade individual ou familiar. Estas axudas están concibidas para afrontar gastos básicos relacionados coa vivenda, a alimentación, a saúde e outras necesidades esenciais.
Contía máxima de 250 euros por persoa solicitante, e as axudas concederanse por orde rigorosa de presentación, ata esgotar o crédito dispoñible.
📌 Gastos subvencionables
Entre os gastos que poden ser obxecto de axuda inclúense:
-
Pagamento de alugueiro ou subministros básicos para evitar o desafiuzamento.
-
Melloras de habitabilidade na vivenda habitual.
-
Equipamento mobiliario básico.
-
Alimentación, vestiario e outros bens de primeira necesidade.
-
Gastos sanitarios e sociosanitarios non cubertos polos sistemas públicos.
-
Outros gastos excepcionais valorados polos servizos sociais municipais.
📌 Requisitos das persoas beneficiarias
Poderán solicitar estas axudas as persoas maiores de idade ou menores emancipadas que:
-
Estén empadroadas no Concello de Piñor, de forma xeral con un ano de antigüidade.
-
Acrediten situación de necesidade económica ou social.
-
Participen nun proceso de intervención social supervisado por profesionais municipais.
-
Presenten a documentación requirida e estean ao corrente das obrigas fiscais e coa Seguridade Social.
📌 Presentación de solicitudes
O prazo permanecerá aberto ata o 30 de decembro de 2025.
As solicitudes deberán rexistrarse no Rexistro Xeral do Concello de Piñor ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.
A documentación necesaria inclúe DNI, libro de familia, certificado de convivencia, acreditación de ingresos e xustificantes da situación de necesidade, entre outros.
📌 Xustificación e pago
As persoas beneficiarias deberán presentar facturas ou documentos xustificativos dos gastos antes do 30 de decembro de 2025. O pago realizarase directamente á entidade ou profesional que preste o servizo.
Toda a información e publicacións relacionadas coa convocatoria estarán dispoñibles no taboleiro de anuncios e na Sede electrónica do Concello de Piñor.




Comments