Ir o contido principal
ayudas

O Concello de Piñor abre o prazo para solicitar as axudas de emerxencia social 2025

O Concello de Piñor vén de publicar as bases reguladoras das axudas de emerxencia social 2025, destinadas a dar resposta urxente a situacións puntuais de necesidade individual ou familiar. Estas axudas están concibidas para afrontar gastos básicos relacionados coa vivenda, a alimentación, a saúde e outras necesidades esenciais.

Contía máxima de 250 euros por persoa solicitante, e as axudas concederanse por orde rigorosa de presentación, ata esgotar o crédito dispoñible.

📌 Gastos subvencionables

Entre os gastos que poden ser obxecto de axuda inclúense:

  • Pagamento de alugueiro ou subministros básicos para evitar o desafiuzamento.

  • Melloras de habitabilidade na vivenda habitual.

  • Equipamento mobiliario básico.

  • Alimentación, vestiario e outros bens de primeira necesidade.

  • Gastos sanitarios e sociosanitarios non cubertos polos sistemas públicos.

  • Outros gastos excepcionais valorados polos servizos sociais municipais.

📌 Requisitos das persoas beneficiarias

Poderán solicitar estas axudas as persoas maiores de idade ou menores emancipadas que:

  • Estén empadroadas no Concello de Piñor, de forma xeral con un ano de antigüidade.

  • Acrediten situación de necesidade económica ou social.

  • Participen nun proceso de intervención social supervisado por profesionais municipais.

  • Presenten a documentación requirida e estean ao corrente das obrigas fiscais e coa Seguridade Social.

📌 Presentación de solicitudes

O prazo permanecerá aberto ata o 30 de decembro de 2025.

As solicitudes deberán rexistrarse no Rexistro Xeral do Concello de Piñor ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

A documentación necesaria inclúe DNI, libro de familia, certificado de convivencia, acreditación de ingresos e xustificantes da situación de necesidade, entre outros.

📌 Xustificación e pago

As persoas beneficiarias deberán presentar facturas ou documentos xustificativos dos gastos antes do 30 de decembro de 2025. O pago realizarase directamente á entidade ou profesional que preste o servizo.

Toda a información e publicacións relacionadas coa convocatoria estarán dispoñibles no taboleiro de anuncios e na Sede electrónica do Concello de Piñor.

BOP Ourense

Comments