Obradoiro para aprender a facer cine
O Concello de Pontevedra, a través da área de Promoción Económica, presenta a quinta edición de Pontevedra Rodando, o obradoiro audiovisual de balde co obxectivo de achegar o cinema e a creación audiovisual a persoas de todas as idades. Ademais, esta edición prestará especial atención aos Premios Feroz do audiovisual que se entregarán en Pontevedra o vindeiro mes de xaneiro.
Durante o curso os alumnos/as poderán aprender nocións básicas de gravación, son, montaxe e actuación ante a cámara, así como do uso de ferramentas de intelixencia artificial aplicadas á creación audiovisual.
O monográfico diríxese a todos os interesados maiores de 13 anos e conta con 25 prazas dispoñibles, que se cubrirán por orde de inscrición.
Esta pode realizarse a través do correo volvemosaprimeraproducciones@gmail.com ou do teléfono 654631555.
Durante o curso os alumnos/as poderán aprender nocións básicas de gravación, son, montaxe e actuación ante a cámara, así como do uso de ferramentas de intelixencia artificial aplicadas á creación audiovisual.
As clases impartiranse de 17 a 20 horas o próximo 28 e os días 4, 10, 11 e 18 de decembro.




Comments