Ir o contido principal
OBRCINEPO25

Obradoiro para aprender a facer cine

O Concello de Pontevedra, a través da área de Promoción Económica, presenta a quinta edición de Pontevedra Rodando, o obradoiro audiovisual de balde  co obxectivo de achegar o cinema e a creación audiovisual a persoas de todas as idades. Ademais, esta edición prestará especial atención aos Premios Feroz do audiovisual que se entregarán en Pontevedra o vindeiro mes de xaneiro.

Durante o curso os alumnos/as poderán aprender nocións básicas de gravación, son, montaxe e actuación ante a cámara, así como do uso de ferramentas de intelixencia artificial aplicadas á creación audiovisual.

O monográfico diríxese a todos os interesados maiores de 13 anos e conta con 25 prazas dispoñibles, que se cubrirán por orde de inscrición.
Esta pode realizarse a través do correo volvemosaprimeraproducciones@gmail.com ou do teléfono 654631555.

Durante o curso os alumnos/as poderán aprender nocións básicas de gravación, son, montaxe e actuación ante a cámara, así como do uso de ferramentas de intelixencia artificial aplicadas á creación audiovisual.

As clases impartiranse de 17 a 20 horas o próximo 28 e os días 4, 10, 11 e 18 de decembro.

Máis información:
https://pontevedra.gal/2025/11/04/o-concello-impulsa-a-quinta-edicion-de-pontevedra-rodando-que-volve-achegar-o-audiovisual-a-cidadania-dende-o-27-de-novembro/

Comments