Xornada “Sexualidade sen barreiras” en Carballo: reflexión e acompañamento para unha sexualidade inclusiva
A asociación Íntegro organiza a xornada “Sexualidade sen barreiras”, un encontro formativo centrado na sexualidade das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. A actividade terá lugar o 29 de novembro, de 9:30 a 14:00 h, no Auditorio Fórum Carballo.
Obxectivo da xornada
Promover unha visión da sexualidade libre de prexuízos, respectuosa coa diversidade e enfocada no benestar persoal, o dereito á intimidade e a expresión afectiva das persoas con discapacidade.
Programa
-
Recepción e acto inaugural.
-
Faladoiro sobre saúde sexual e prexuízos.
-
Espazos seguros para falar da propia sexualidade.
-
Dereitos sexuais e acompañamento desde o ámbito social.
-
Educación sexual en entidades e exemplos de boas prácticas.
-
Debate final e clausura.
As intervencións estarán a cargo de profesionais especializadas en saúde sexual, educación social e acompañamento a persoas con discapacidade.
Inscricións
-
Prazo: ata o 24 de novembro
-
Aforo limitado
-
Prezos: Público xeral 5€ | Persoas socias 2€
-
Inclúe certificado de asistencia
Formulario de inscrición dispoñible a través do código QR da imaxe.




Comments