Ir o contido principal
sexualidade

Xornada “Sexualidade sen barreiras” en Carballo: reflexión e acompañamento para unha sexualidade inclusiva

A asociación Íntegro organiza a xornada “Sexualidade sen barreiras”, un encontro formativo centrado na sexualidade das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. A actividade terá lugar o 29 de novembro, de 9:30 a 14:00 h, no Auditorio Fórum Carballo.

Obxectivo da xornada

Promover unha visión da sexualidade libre de prexuízos, respectuosa coa diversidade e enfocada no benestar persoal, o dereito á intimidade e a expresión afectiva das persoas con discapacidade.

Programa

  • Recepción e acto inaugural.

  • Faladoiro sobre saúde sexual e prexuízos.

  • Espazos seguros para falar da propia sexualidade.

  • Dereitos sexuais e acompañamento desde o ámbito social.

  • Educación sexual en entidades e exemplos de boas prácticas.

  • Debate final e clausura.

As intervencións estarán a cargo de profesionais especializadas en saúde sexual, educación social e acompañamento a persoas con discapacidade.

Inscricións

  • Prazo: ata o 24 de novembro

  • Aforo limitado

  • Prezos: Público xeral 5€ | Persoas socias 2€

  • Inclúe certificado de asistencia

Formulario de inscrición dispoñible a través do código QR da imaxe. 

Comments