Skip to main content
OBBACSA25

Obradoiro de bordado de prendas

O Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres a Biblioteca Anxel Casal organiza  un obradoiro de bordado de prendas a cargo de Lúa Mosquetera,a creadora do clube de bordado na Coruña e en Compostela dende o ano 2016.

Bordaremos o verso de Rosalía de Castro "Tecín soia a miña tea", dándolle unha nova forza, nunha prenda de vestir: unha camiseta, camisa, suadoiro, chaqueta… o que che apeteza traer.

Actividade dirixida a público adulto.

As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Máis información:
https://bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago

 

Comments