Obradoiro de bordado de prendas
O Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres a Biblioteca Anxel Casal organiza un obradoiro de bordado de prendas a cargo de Lúa Mosquetera,a creadora do clube de bordado na Coruña e en Compostela dende o ano 2016.
Bordaremos o verso de Rosalía de Castro "Tecín soia a miña tea", dándolle unha nova forza, nunha prenda de vestir: unha camiseta, camisa, suadoiro, chaqueta… o que che apeteza traer.
Actividade dirixida a público adulto.
As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.
Máis información:
https://bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago




Comments