“Campamentos A Lanzada” 2026 Deputación de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases reguladoras do programa “Campamentos A Lanzada” 2026 (Expediente 2025060888), unha iniciativa consolidada desde os anos oitenta que promove a educación non formal, a convivencia e a conciliación familiar.
O programa desenvolverase no Centro de Vacacións A Lanzada, no concello do O Grove, e está dirixido a nenas e nenos empadroados en concellos da provincia de Pontevedra.
👧👦 Persoas destinatarias
Poderán participar menores:
-
Nados entre 2013 e 2018 (ambos incluídos).
-
Empadroados/as en calquera concello da provincia.
-
Sen enfermidades infecto-contaxiosas en fase activa.
Inclúense tamén menores en tutela ou garda administrativa e en acollemento residencial ou atención de día.
🏕️ 11 quendas entre xuño e setembro
Ofértanse 1.540 prazas, distribuídas en once quendas de 7 días (domingo a sábado), entre o 21 de xuño e o 5 de setembro de 2026.
A última quenda poderá adaptarse segundo o calendario escolar que fixe a Xunta de Galicia.
🌊 Actividades e servizos
O programa inclúe:
-
Actividades ambientais, deportivas, culturais, científicas e de convivencia.
-
Propostas en lingua inglesa e sensibilización en igualdade e respecto ambiental.
-
Aloxamento en tendas de campaña e pensión completa.
-
Saídas educativas e material necesario.
-
Seguro de accidentes e atención de primeiros auxilios.
O equipo estará formado por persoal especializado en animación sociocultural, actividades náuticas e lingua inglesa.
💶 Prezos
Procedemento xeral (1.330 prazas):
-
110 € por praza.
-
80 € para familias numerosas ou monoparentais (acreditación obrigatoria).
Procedemento específico (210 prazas de inclusión):
-
100 % do custo asumido pola Deputación.
-
Reservadas a menores en risco de exclusión social, en tutela administrativa ou do Centro Príncipe Felipe.
🎟️ Sistema de adxudicación
-
Sorteo público mediante medios informáticos.
-
70 prazas para nenas e 70 para nenos por quenda.
-
Prioridade para menores que non asistisen na edición anterior.
-
Cota proporcional por concello segundo datos do INE 2025.
-
Lista de agarda de ata 100 menores por quenda.
🗓️ Prazo de solicitude
Do 2 ao 20 de marzo de 2026, preferentemente a través da sede electrónica da Deputación (https://sede.depo.gal).




Comments