Ir o contido principal
campamentos

“Campamentos A Lanzada” 2026 Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases reguladoras do programa “Campamentos A Lanzada” 2026 (Expediente 2025060888), unha iniciativa consolidada desde os anos oitenta que promove a educación non formal, a convivencia e a conciliación familiar.

O programa desenvolverase no Centro de Vacacións A Lanzada, no concello do O Grove, e está dirixido a nenas e nenos empadroados en concellos da provincia de Pontevedra.

👧👦 Persoas destinatarias

Poderán participar menores:

  • Nados entre 2013 e 2018 (ambos incluídos).

  • Empadroados/as en calquera concello da provincia.

  • Sen enfermidades infecto-contaxiosas en fase activa.

Inclúense tamén menores en tutela ou garda administrativa e en acollemento residencial ou atención de día.

🏕️ 11 quendas entre xuño e setembro

Ofértanse 1.540 prazas, distribuídas en once quendas de 7 días (domingo a sábado), entre o 21 de xuño e o 5 de setembro de 2026.

A última quenda poderá adaptarse segundo o calendario escolar que fixe a Xunta de Galicia.

🌊 Actividades e servizos

O programa inclúe:

  • Actividades ambientais, deportivas, culturais, científicas e de convivencia.

  • Propostas en lingua inglesa e sensibilización en igualdade e respecto ambiental.

  • Aloxamento en tendas de campaña e pensión completa.

  • Saídas educativas e material necesario.

  • Seguro de accidentes e atención de primeiros auxilios.

O equipo estará formado por persoal especializado en animación sociocultural, actividades náuticas e lingua inglesa.

💶 Prezos

Procedemento xeral (1.330 prazas):

  • 110 € por praza.

  • 80 € para familias numerosas ou monoparentais (acreditación obrigatoria).

Procedemento específico (210 prazas de inclusión):

  • 100 % do custo asumido pola Deputación.

  • Reservadas a menores en risco de exclusión social, en tutela administrativa ou do Centro Príncipe Felipe.

🎟️ Sistema de adxudicación

  • Sorteo público mediante medios informáticos.

  • 70 prazas para nenas e 70 para nenos por quenda.

  • Prioridade para menores que non asistisen na edición anterior.

  • Cota proporcional por concello segundo datos do INE 2025.

  • Lista de agarda de ata 100 menores por quenda.

🗓️ Prazo de solicitude

Do 2 ao 20 de marzo de 2026, preferentemente a través da sede electrónica da Deputación (https://sede.depo.gal).

 

BOPPO

Comments