Concurso de deseño gráfico "Arde Lucus 2026" en Lugo
O Concello de Lugo convoca o certame para elixir o cartel que anunciará a edición do XXV aniversario da festa Arde Lucus, cun premio de 1.900 euros para a obra gañadora.
Requisitos
-
Poderá participar toda a poboación con obras orixinais e inéditas.
-
Formato A3 sobre soporte ríxido, ademais de copia dixital (JPEG ou PNG).
-
Temática: reconstrución histórica romana e castrexa, con predominio da cor vermella.
-
Debe incluír obrigatoriamente os textos: "Arde Lucus MMXXVI", "Festa de Interese Turístico Internacional", "www.ardelucus.com", as datas de celebración e a lenda "ANNVS ARGENTEVS".
-
Non se aceptarán deseños realizados totalmente con intelixencia artificial.
Prazos
-
O prazo de presentación de solicitudes remata o 27 de marzo de 2026.
Solicitudes
-
Os traballos presentaranse de xeito anónimo, identificados cun lema e acompañados dun sobre pechado cos datos persoais (Anexos I e II).
-
Lugar: Rexistro Xeral do Concello de Lugo (Ronda da Muralla, 197) ou polos medios previstos na Lei 39/2015.
Máis información
-
Web do Concello: http://concellodelugo.gal
-
Web oficial da festa: www.ardelucus.com
-
Consulta as bases completas: BOP Lugo (25/02/2026)




Comments