Ir o contido principal
arde lucus

Concurso de deseño gráfico "Arde Lucus 2026" en Lugo

O Concello de Lugo convoca o certame para elixir o cartel que anunciará a edición do XXV aniversario da festa Arde Lucus, cun premio de 1.900 euros para a obra gañadora.

Requisitos

  • Poderá participar toda a poboación con obras orixinais e inéditas.

  • Formato A3 sobre soporte ríxido, ademais de copia dixital (JPEG ou PNG).

  • Temática: reconstrución histórica romana e castrexa, con predominio da cor vermella.

  • Debe incluír obrigatoriamente os textos: "Arde Lucus MMXXVI", "Festa de Interese Turístico Internacional", "www.ardelucus.com", as datas de celebración e a lenda "ANNVS ARGENTEVS".

  • Non se aceptarán deseños realizados totalmente con intelixencia artificial.

Prazos

  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 27 de marzo de 2026.

Solicitudes

  • Os traballos presentaranse de xeito anónimo, identificados cun lema e acompañados dun sobre pechado cos datos persoais (Anexos I e II).

  • Lugar: Rexistro Xeral do Concello de Lugo (Ronda da Muralla, 197) ou polos medios previstos na Lei 39/2015.

Máis información

Comments