Campos de voluntariado noutras Comunidades Autónomas 2026
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da D. X. Xuventude, abre o prazo para solicitar a participación nos campos de voluntariado que se van desenvolver en Andalucía, A Rioxa, Aragón, Cantabria, Castela e León, Castela-A Mancha, Cataluña, Ceuta, Estremadura, Euskadi, Madrid e Navarra.
Os campos de voluntariado son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos de diversa temática: arqueolóxicos, culturais, medioambientais, sociais...
No verán 2026 haberá dúas convocatorias con diferente prazo de solicitude:
- 1ª CONVOCATORIA: solicitude do 22 de abril ás 9:00 h. ata o 29 de abril ás 14:00 h. en liña, no formulario habilitado na web https://xuventude.xunta.gal/accion-de-veran/ofertas-campos-de-voluntariado-noutras-ccaa (cada solicitante só poderá enviar un formulario, no que elixirá ata un máximo de 3 campos de voluntariado).
- 2ª CONVOCATORIA OU REPESCA: nova oferta de prazas. Os campos con prazas libres poderán ser os mesmos que os ofertados inicialmente ou novos. O prazo comezará o 20 de maio ás 9:00 h. e permanecerá aberto ata esgotar as prazas ou ata 5 días antes do inicio do campo.
As prazas serán adxudicadas por orde de recepción das solicitudes. Logo de adxudicada a praza, a persoa solicitante recibirá un correo-e coas instrucións para o pagamento da cota e para presentar a documentación, para o que terá un prazo de 2 días hábiles desde a recepción do correo-e.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
- 1ª convocatoria: ata o 29/04/2026 ás 14:00 h.
- 2ª convocatoria: desde o 20/05/2026 ás 9:00 h.
Duración:
Entre 10 e 15 días nos meses de xullo e agosto de 2026
Prezo:
- Campos en Andalucía: 90 €
- Campos na Rioxa, Aragón, Cantabria, Castela e León, Ceuta, Estremadura e Euskadi: 110 €
- Campos en Castela A Mancha, Cataluña e Navarra: 120 €.
- Campos en Madrid: de 18 a 24 anos 110 € / de 25 a 30 anos 121 €.
- Os campos inclúen os seguinte servizos:
- Equipo de acollida e dinamización.
- Materiais necesarios para desenvolveren as tarefas específicas de cada campo.
- Programa con actividades de convivencia, de animación, de lecer e tempo libre.
- Aloxamento e manutención durante todos os días que dure a actividade.
- Seguro de accidentes e responsabilidade civil.
- Os campos non inclúen: traslado (ida e volta) ata o lugar da actividade.
Requisitos:
- Persoas mozas galegas residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos (con excepcións: consultar tramos de idade concretos para cada campo de voluntariado na ficha específica)
- Unha persoa non poderá ser adxudicataria de máis dun campo de voluntariado na 1ª convocatoria. Para participar nun segundo campo de voluntariado, haberá que esperar á segunda convocatoria.
Páxina web:
https://xuventude.xunta.gal/accion-de-veran
Contacto:
Consellería de Cultura. Lingua e Xuventude. Dirección Xeral de Xuventude
Tel.: 981 957 115 - 881 999 314
correo-e: camposdevoluntariado.xuventude@xunta.gal
Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, 2, 3º (15071 - A Coruña)
Tel.: 881 881 238 - 881 881 239 - 881 881 240 - 881 881 241




Comments