A ETL Altair Galiza convoca un novo Curso de Dirección de Actividades de Tempo Libre
A Escola de Educación nos Tempos Libres Altair Galiza organiza unha nova edición do Curso de Dirección de Actividades de Tempo Libre, homologado pola Xunta de Galicia.
Persoas destinatarias: persoas interesadas en obter a titulación oficial de Dirección de Actividades de Tempo Libre.
Lugar de impartición: Escola Altair Galiza, rúa do Home Santo, 29-B, Santiago de Compostela (A Coruña).
Duración:
-
150 horas de formación teórico-práctica:
-
29 horas de formación virtual síncrona.
-
71 horas de formación virtual asíncrona.
-
50 horas de formación presencial.
-
-
150 horas de prácticas, que se realizarán unha vez superada a fase teórico-práctica.
Calendario: do 21 de novembro de 2026 ao 28 de xaneiro de 2027.
Formación presencial: terá lugar os días 16 e 17, e 23 e 24 de xaneiro de 2027, en horario de 9:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:30 horas.
Prazas: mínimo de 7 e máximo de 25 persoas.
Prezo da matrícula:
-
60 € para as persoas seleccionadas que formalicen o seu compromiso de incorporación como voluntarias da Asociación Altair Galiza.
-
295 € para as matrículas realizadas antes do 21 de novembro de 2026 ou para as persoas que se matriculen xunto cun amigo ou amiga, sempre que haxa prazas dispoñibles.
-
345 € para as matrículas formalizadas a partir do 21 de novembro de 2026.
O pagamento poderá fraccionarse en dous ou tres prazos.
A matrícula inclúe:
-
As 150 horas de formación teórico-práctica.
-
As 150 horas de prácticas.
-
Seguro de accidentes e responsabilidade civil durante a fase teórico-práctica.
-
Material didáctico e recursos formativos.
Voluntariado: as persoas interesadas en optar á matrícula subvencionada de 60 € deberán cubrir o formulario de selección de voluntariado. A concesión estará condicionada á valoración favorable da candidatura e á formalización do compromiso de incorporación como persoa voluntaria.
Solicitude de admisión: a través do formulario de inscrición.
Data límite para incorporarse ao curso: 5 de decembro de 2026.
Máis información:
-
Web: https://altair.gal/
-
Correo electrónico: info@altair.gal
-
Teléfono: 633 336 256




Comments