Ir o contido principal
director

A ETL Altair Galiza convoca un novo Curso de Dirección de Actividades de Tempo Libre

A Escola de Educación nos Tempos Libres Altair Galiza organiza unha nova edición do Curso de Dirección de Actividades de Tempo Libre, homologado pola Xunta de Galicia.

Persoas destinatarias: persoas interesadas en obter a titulación oficial de Dirección de Actividades de Tempo Libre.

Lugar de impartición: Escola Altair Galiza, rúa do Home Santo, 29-B, Santiago de Compostela (A Coruña).

Duración:

  • 150 horas de formación teórico-práctica:

    • 29 horas de formación virtual síncrona.

    • 71 horas de formación virtual asíncrona.

    • 50 horas de formación presencial.

  • 150 horas de prácticas, que se realizarán unha vez superada a fase teórico-práctica.

Calendario: do 21 de novembro de 2026 ao 28 de xaneiro de 2027.

Formación presencial: terá lugar os días 16 e 17, e 23 e 24 de xaneiro de 2027, en horario de 9:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:30 horas.

Prazas: mínimo de 7 e máximo de 25 persoas.

Prezo da matrícula:

  • 60 € para as persoas seleccionadas que formalicen o seu compromiso de incorporación como voluntarias da Asociación Altair Galiza.

  • 295 € para as matrículas realizadas antes do 21 de novembro de 2026 ou para as persoas que se matriculen xunto cun amigo ou amiga, sempre que haxa prazas dispoñibles.

  • 345 € para as matrículas formalizadas a partir do 21 de novembro de 2026.

O pagamento poderá fraccionarse en dous ou tres prazos.

A matrícula inclúe:

  • As 150 horas de formación teórico-práctica.

  • As 150 horas de prácticas.

  • Seguro de accidentes e responsabilidade civil durante a fase teórico-práctica.

  • Material didáctico e recursos formativos.

Voluntariado: as persoas interesadas en optar á matrícula subvencionada de 60 € deberán cubrir o formulario de selección de voluntariado. A concesión estará condicionada á valoración favorable da candidatura e á formalización do compromiso de incorporación como persoa voluntaria.

Solicitude de admisión: a través do formulario de inscrición.

Data límite para incorporarse ao curso: 5 de decembro de 2026.

Máis información:

Comments