O Concello do Pino convoca o III Concurso de Decoración do Nadal 2026
O Concello do Pino convoca o III Concurso de Decoración do Nadal 2026, unha iniciativa que busca fomentar a participación cidadá, a creatividade, a cooperación veciñal e o uso de materiais reciclables para embelecer o municipio durante as festas do Nadal.
Persoas destinatarias: veciñanza do termo municipal do Pino, así como agrupacións de persoas físicas ou xurídicas.
Categorías de participación:
-
Categoría familiar: decoración de balcóns, xanelas, portas, fachadas ou xardíns exteriores das vivendas.
-
Categoría colectiva: decoración de comunidades de veciños, barrios, rúas, prazas, parques, áreas de lecer, comercios, asociacións, colectivos ou empresas privadas do municipio.
Inscrición: do 4 ao 18 de decembro de 2026, ambos os dous incluídos.
Lugar de presentación:
-
No Rexistro do Concello do Pino, dirixindo a documentación á Alcaldía.
-
A través da sede electrónica municipal: https://opino.sedelectronica.gal.
Documentación necesaria:
-
Ficha de inscrición debidamente cuberta.
-
Un mínimo de tres fotografías da decoración realizada.
As bases e os formularios estarán dispoñibles na web municipal.
Condicións de participación:
-
As decoracións deberán estar relacionadas co Nadal.
-
Poderanse empregar todo tipo de materiais, incluídos materiais reciclables e elementos naturais.
-
Os elementos decorativos deberán permanecer expostos desde o 18 de decembro de 2026 ata o 8 de xaneiro de 2027, ambos os días incluídos.
-
As propostas colectivas deberán permitir a visita gratuíta do público.
Criterios de valoración: deseño, orixinalidade, iluminación, fomento dos valores locais, uso de materiais reciclables e contido didáctico do proxecto.
Premios:
Premio Categoría familiar Categoría colectiva
Primeiro 350 € 350 €
Segundo 250 € 250 €
Terceiro 150 € 150 €
Entrega de premios: o 5 de xaneiro de 2027, durante a Cabalgata de Reis, na gala que se celebrará no pavillón municipal de Reboredo.
Máis información:
-
Correo electrónico: correo@opino.gal
Publicación: Boletín Oficial da Provincia da Coruña, número 212, do 5 de novembro de 2026.
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/11/05/2026_0000007152…




Comments