Ir o contido principal
nadal

O Concello do Pino convoca o III Concurso de Decoración do Nadal 2026

O Concello do Pino convoca o III Concurso de Decoración do Nadal 2026, unha iniciativa que busca fomentar a participación cidadá, a creatividade, a cooperación veciñal e o uso de materiais reciclables para embelecer o municipio durante as festas do Nadal.

Persoas destinatarias: veciñanza do termo municipal do Pino, así como agrupacións de persoas físicas ou xurídicas.

Categorías de participación:

  • Categoría familiar: decoración de balcóns, xanelas, portas, fachadas ou xardíns exteriores das vivendas.

  • Categoría colectiva: decoración de comunidades de veciños, barrios, rúas, prazas, parques, áreas de lecer, comercios, asociacións, colectivos ou empresas privadas do municipio.

Inscrición: do 4 ao 18 de decembro de 2026, ambos os dous incluídos.

Lugar de presentación:

Documentación necesaria:

  • Ficha de inscrición debidamente cuberta.

  • Un mínimo de tres fotografías da decoración realizada.

As bases e os formularios estarán dispoñibles na web municipal.

Condicións de participación:

  • As decoracións deberán estar relacionadas co Nadal.

  • Poderanse empregar todo tipo de materiais, incluídos materiais reciclables e elementos naturais.

  • Os elementos decorativos deberán permanecer expostos desde o 18 de decembro de 2026 ata o 8 de xaneiro de 2027, ambos os días incluídos.

  • As propostas colectivas deberán permitir a visita gratuíta do público.

Criterios de valoración: deseño, orixinalidade, iluminación, fomento dos valores locais, uso de materiais reciclables e contido didáctico do proxecto.

Premios:

Premio          Categoría familiar              Categoría colectiva

Primeiro             350 €                                    350 €

Segundo            250 €                                    250 €

Terceiro             150 €                                    150 €

Entrega de premios: o 5 de xaneiro de 2027, durante a Cabalgata de Reis, na gala que se celebrará no pavillón municipal de Reboredo.

Máis información:

Publicación: Boletín Oficial da Provincia da Coruña, número 212, do 5 de novembro de 2026.


https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/11/05/2026_0000007152…

Comments