Pasar al contenido principal
 

CAMPAMENTOS NOUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMOS

1. PAIS VASCO (ÁLAVA-ARABA)

Albergue Catedral de Vitoria-Gasteiz
Albergue Xuvenil IIla de Zuhatza
Albergue de Barria

2. ESTREMADURA

Centro de formación Joaquín Sama - Baños de Montemayor (Cáceres)

3. CASTELA E LEÓN

Residencia Juvenil Arturo Duperier (Ávila)
Albergue Xuvenil Navarredonda de Gredos (Ávila)

4. A RIOXA

Albergue Xuvenil Ezcaray

5. MADRID

Albergue Xuvenil Villa Castora (Cercedilla)
Albergue Xuvenil El Escorial (San Lorenzo de El Escorial)

6. CANTABRIA

Albergue Xuvenil Gerardo Diego (Solórzano)

7. CASTELA- A MANCHA

Albergue Xuvenil San Servando (Toledo)

 

1. PAÍS VASCO (ÁLAVA-ARABA)

ALBERGUE CATEDRAL DE VITORIA-GASTEIZ

http://www.alberguecatedral.com
 
O aloxamento e a manutención serán no albergue catedral de Vitoria-Gasteiz  e a meirande parte das actividades e obradoiros desenvolveranse na sala de concertos Hell Dorado.
Sala de concertos Hell Dorado:  Escultor Isaac Díez K/z g, 01007 Vitoria-Gasteiz.
Importante que leven os Instrumentos que saiban tocar.

COLONIA DE ROCK

ACTIVIDADES
Musicais: pensada preferiblemente para persoas que teñan inquedanzas musicais e de produción musical (son, vídeo e iluminación). É desexable que as persoas participantes teñan algunha formación musical, que saiban tocar algún instrumento ou canten, que toquen nalgún grupo de música ou que estean interesadas en formar un. A meirande parte das actividades e obradoiros desenvolveranse na sala de concertos Hell Dorado.
Haberá obradoiros de historia do rock, produción musical, mercadotecnia ou imaxe rock, de vídeo (gravarase unha curta) de fotografía dixital, expresión artística, combos e ensaios, concertos, etc..; outras actividades: excursión á costa e ás piscinas.

NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.

INSTALACIÓN XUVENIL

MODALIDADE

ANO NACEMENTO

DATAS

COTA

CÓDIGO

Albergue Catedral de Vitoria

Colonia de rock

08-09-10

01-12/07

284,50 €

500001

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.


2. PAÍS VASCO (ÁLAVA-ARABA)

ALBERGUE XUVENIL ILLA DE ZUHATZA

Embalse de Ullibarri-Gamboa
Apartado 02030 Vitoria-Gasteiz

O albergue está situado no encoro de Ullibarri-Gamboa, a 15 km ao norte de Vitoria-Gasteiz.
Toda a illa conforma o conxunto do campamento, cunha extensión de 500.000 m2.
O aloxamento é en cabanas de madeira con liteiras.

NÁUTICA

ACTIVIDADES
Náuticas: piragua, windsurf, remo e pedaletas. É un campamento perfecto para o coñecemento interpersoal e intercultural porque acudirán rapaces e rapazas de varias comunidades autónomas; outras actividades saídas e excursións a Vitoria-Gasteiz e a Donostia-San Sebastián.

NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.

INSTALACIÓN XUVENIL

MODALIDADE

ANO NACEMENTO

DATAS

COTA

CÓDIGO

Illa de Zuhatza

Náutica

09-10-11

01-11/08

275,13

500002

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

 

3. PAÍS VASCO (ÁLAVA-ARABA)

ALBERGUE XUVENIL DE BARRIA

Bernardo Deuna kalea, 01208 Barria, Araba (Álava).
T.  945 317 132
https://gazteria.araba.eus/es/-/albergues-barria

O albergue de Barria é un antigo Monasterio cisterciense rehabilitado como albergue xuvenil.
Conta con amplas zonas verdes, aulas de reunión e/ou actividades, wifi, campos de deportes, espazos verdes compostos por una horta ecolóxica, un galiñeiro e unha cociña solar, xogos para os máis pequenos e piscina.

AVENTURA E ECOLOXÍA

ACTIVIDADES

Ecoloxía: iniciación hortícola, espeleoloxía; aventura: actividades de deporte-aventura como escalada, rapel e manexo de cordas, e barranquismo; outras actividades: piscina, xogos, saída turístico-cultural a Vitoria-Gasteiz e a praia a Donostia/ San Sebastián.

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

INSTALACIÓN XUVENIL

MODALIDADE

ANO NACEMENTO

DATAS

COTA

CÓDIGO

Albergue de Barria

Aventura e Ecoloxía

10-11

01-11/08

266,00 €

500003

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

 

4. EXTREMADURA

CENTRO DE FORMACIÓN JOAQUÍN SAMA - BAÑOS DE MONTEMAYOR (Cáceres)

AVDA. DE LAS TERMAS, 55 - 10750 - BAÑOS DE MONTEMAYOR (CÁCERES)
T.  927 48 83 93
https://juventudextremadura.juntaex.es/web/albergue?codigo=10

O edificio, situado na Avenida de las Termas, xunto ao balneario que da nome á poboación. A instalación dispón dos seguientes servizos:
• Sala de televisión.
• Salóns de usos múltiples.
• Aula de informática.
• Comedor.

O aloxamento se realiza en habitacións dobres con cuarto de baño

CIENCIAVENTURA 3D

ACTIVIDADES

Ciencia: astronomía, realidade virtual, robótica e voo de drons e outras experiencias que relacionen a ciencia e a tecnoloxía con accións cotiás; actividades complementarias: itinerarios ambientais, tracking, roteiros; excursións e visitas de interese cultural e turístico: Plasencia (Factoría Joven – Piscina), El Anillo (Centro Internacional de Innovación Deportiva), obradoiros, actividades de animación, outras actividades: xogos e veladas

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar

INSTALACIÓN XUVENIL

MODALIDADE

ANO NACEMENTO

DATAS

COTA

CÓDIGO

Centro de formación Joaquín Sama

Cienciaventura 3D

08-09

14-23/07

247,50 €

500004

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

5. CASTELA E LEÓN

RESIDENCIA JUVENIL ARTURO DUPERIER (Ávila)

Avenida de los Derechos Humanos, 35 – 05003 – Ávila.
T.  920 221 716
https://reaj.com/albergues/juvenil-profesor-arturo-duperier/

Situada na parte sur da cidade de Ávila, atopase a tan só 15 minutos camiñando do centro da cidade. Dispón de habitacións dobres con baño incluído, servizo de comedor e cociña, servizo de recepción 24h., servizo de limpeza, pista polideportiva, parking, ximnasio, salas de estudo, salón de usos múltiples, salas de televisión e convivencia.
As instalacións deportivas municipais e as piscinas atópanse a menos de 100 metros.
A instalación conta con persoal de cociña que se encarga de cociñar menús caseiros e equilibrados a diario para os acampados.

MULTIAVENTURA E AIRE LIBRE

ACTIVIDADES
Multiaventura: Karts a motor en circuito cerrado,  piragüismo, paintball e tiro con arco; excursións: ao Parque Warner de Madrid (entradas incluídas) e visitas culturais a cidade de Ávila, casco antigo e murallas. outras actividades: actividades de baño na piscina municipal, veladas, xogos e talleres.

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

INSTALACIÓN XUVENIL

MODALIDADE

ANO NACEMENTO

DATAS

COTA

CÓDIGO

Residencia Juvenil Arturo Duperier

Multiaventura e aire libre

11-12

01-10/07

247,50 €

500005

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

6. CASTELA E LEÓN

ALBERGUE XUVENIL NAVARREDONDA DE GREDOS (Ávila)

Estrada C-500, Km 41,5, 05635 Navarredonda de Gredos (Ávila)
T. 920 34 80 05
https://juventud.jcyl.es/web/jcyl/Juventud/es/Plantilla100Detalle/1284224580551/_/1284166962876/Albergue

O albergue é unha edificación rural no Parque Natural de Gredos, entre ríos e montañas. Está á beira do río Tormes, onde se pode gozar da natureza e facer rutas de sendeirismo. Ademais, a proximidade ás capitais de provincias permite facer excursións de grande interese cultural.
O albergue conta cun gran espazo exterior para a realización de actividades; ten habitacións múltiples, piscina de verán, pista polideportiva e biblioteca.

MULTIAVENTURA E AIRE LIBRE

ACTIVIDADES

Multiaventura: parque de cordas, bivaque, rutas BTT (bicicleta de montaña), sendeirismo a Laguna Grande; outras actividades: excursión a Salamanca, veladas, obradoiros e xogos de animación. A instalación conta con piscina.

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

INSTALACIÓN XUVENIL

MODALIDADE

ANO NACEMENTO

DATAS

COTA

CÓDIGO

Albergue Xuvenil Navarredonda de Gredos (Ávila)

Multiaventura e aire libre

11-12

01-10/08

247,50 €

500006

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

7. A RIOXA

ALBERGUE XUVENIL EZCARAY (A Rioxa)

Albergue xuvenil El Molino Viejo, Camino del Molino Viejo, s/n, 26280 Ezcaray (A Rioxa)
https://alberguesdelarioja.es/

O albergue está situado na zona sur de Ezcaray, xunto ao río Oja, que da nome a esta comunidade autónoma, e situado na sierra de La Demanda, ao pé do pico San Lorenzo, onde se atopa a estación de esquí e montaña de Valdezcaray.
O vello contorno natural permite facer múltiples rutas, visitar antigas aldeas, vías verdes e sendeiros. É unha paisaxe que invita á relaxación e ao disfrute rodeado da natureza, así como á práctica de deportes de montaña.
O albergue está situado a 1 km. de Ezcaray. A instalación conta con espazos comúns: salón-comedor, sala de estar con TV. Ten zonas verdes para a práctica deportivo-recreativa, campo de fútbol, pista polideportiva e ping-pong.

MULTIAVENTURA

ACTIVIDADES

Multiaventura: visita a parques multiaventura con tirolesas, tibetanos, escalada e outras probas;   ambientais: rutas de sendeirismo con interpretación da natureza; náuticas: navegar en pedaleta e piragua no Club Náutico de El Rasillo; outras actividades:  xincanas, xogos temáticos, veladas e visitas culturais a lugares emblemáticos da Rioxa.

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

INSTALACIÓN XUVENIL

MODALIDADE

ANO NACEMENTO

DATAS

COTA

CÓDIGO

Albergue Xuvenil Ezcaray

Multiaventura

10-11

28/06-07/07

247,50 €

500007

Multiaventura

08-09-10

01-10/08

247,50 €

500008

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

8. MADRID

ALBERGUE XUVENIL VILLA CASTORA (Cercedilla)

Carretera de las Dehesas 29, 28470 Cercedilla (Madrid).
T. 918 520 334 – Fax  918 522 411
villacastora@madrid.org
https://reaj.com/albergues/juvenil-villa-castora/

Situado a 60 Km. de Madrid, moi cerca do casco urbano de Cercedilla. No Val da Fuenfría, en plena Serra de Guadarrama. O Albergue atópase moi próximo as piscinas naturais “As Barceas”

HIP HOP Y DANZA URBANA II

ACTIVIDADES
Danza moderna: Urban Dance, Comercial Dance, Hip Hop, FreeStyle, Break Dance, Fusión, etc. Realizaranse xogos e dinámicas para traballar o ritmo, a percepción espacial,  o desenvolvemento do sentido estético, o uso do corpo como expresión artística, a improvisación, como facer unha coreografía, a posta en escena e a interpretación ante unha cámara; outras actividades: actividades recreativas, de lecer e de tempo libre; excursións: parque de atraccións e paseo polo Madrid histórico, visitas ao parque recreativo Las Berceas (piscinas naturais) en Cercedilla e as piscinas municipais.

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

INSTALACIÓN XUVENIL

MODALIDADE

ANO NACEMENTO

DATAS

COTA

CÓDIGO

Albergue Xuvenil Villa Castora

Hip Hop y danza urbana II

08-09-10

02-12/08

266 €

500009

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobreo punto de saída e recollida , o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

9. MADRID

ALBERGUE XUVENIL EL ESCORIAL  (San Lorenzo de El Escorial)

Calle Residencia, 14, 28200 San Lorenzo de El Escorial (Madrid)
T. 91 890 59 24
escorial@madrid.org
http://reaj.com/madrid/albergue-juvenil-el-escorial.html

O albergue está situado no centro urbano de San Lorenzo de El Escorial, a 55 km de Madrid, ao noroeste da Comunidade Autónoma de Madrid e na vertente sur oriental da Serra de Guadarrama.
O edificio é unha construción típica da zona da serra, que data de finais dos anos 40, e as habitacións están distribuídas en 3 andares.
Pola súa situación xeográfica privilexiada son moitas as posibilidades que se ofrecen aos visitantes para desenvolver actividades culturais e de natureza.

CINE E AVENTURA

ACTIVIDADES
Cine: realización dun obradoiro de cine entretido que rematará coa gravación dunha curtametraxe. Para iso programaranse 18 horas de obradoiros específicos relacionados coa sétima arte; outras actividades: multiaventura na natureza na Serra do Guadarrama, bautismo de rappel, escalada, unha xornada de sendeirismo e orientación.; excursións: parque de atraccións e paseo polo Madrid histórico.

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

INSTALACIÓN XUVENIL

MODALIDADE

ANO NACEMENTO

DATAS

COTA

CÓDIGO

Albergue Xuvenil El Escorial

Cine e aventura

12-13

28/07-07/08

266 €

500010

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

10. CANTABRIA

ALBERGUE XUVENIL GERARDO DIEGO (Solórzano)

Albergue Juvenil Gerardo Diego de Solórzano, Barrio Quintana s/n, 39738 Solórzano, Cantabria
https://reaj.com/albergues/juvenil-gerardo-diego/

O albergue está situado no municipio de Solórzano, na zona oriental de Cantabria. Situado nun fermoso val atravesado por un pequeno río, o Campiezo. Punto de partida ideal para coñecer tanto o interior oriental de Cantabria como as súas costas. En menos de trinta minutos pódese gozar dos Vales Pasiegos, das espectaculares fervenzas do río Asón ou as praias de Somo, Illa, Noja e Laredo. O albergue é un fermoso caserón con amplo xardín, piscina, e unha zona de volei praia. O aloxamento realízase en habitacións compartidas con liteiras. Dispón de piscina e aula polivalente para presentacións, formación, actividades...

CINE EN SOLÓRZANO

ACTIVIDADES XERAIS:
Cine: Guión, casting, ensaios, rodaxe en cámara... todas as fases dunha rodaxe; análise crítica interpretativa e técnica;  Cine Forum: mesa redonda sobre unha película; outras actividades: obradoiro de maquillaxe cinematográfica, obradoiro sobre os obxectivos de desenvolvemento sostible, obradoiro de igualdade, prevención de drogodependencias, clase maxistral dun actor, actriz ou director de cine ou televisión, actividade de surf na praia, xogos, ximcanas...;excursións: excursión turística e praia a Santander, visita a unha filmoteca ou estudio de gravación ou exposición audiovisual, saídas á praia de Laredo e visita á vila de Laredo, visita a Santoña, sendeirismo polo monte Buciero, saída á praia de Berria e visita ao Forte de San Carlos e Napoleón.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

INSTALACIÓN XUVENIL

MODALIDADE

ANO NACEMENTO

DATAS

COTA

CÓDIGO

Alb. Xuv. Gerardo Diego

Cine en Solórzano

07-08-09-10

16-27/07

284,50 €

500011

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

11. CASTELA - A MANCHA

ALBERGUE XUVENIL SAN SERVANDO  (Toledo)

Cuesta de San Servando s/n,45006 (Toledo)
Teléfono: 925 224 554
https://juventud.jccm.es/sanservando/es/index.html

O Albergue situado nun castelo medieval fortificado cun encanto especial, aséntase nun lugar privilexiado da cidade de Toledo, elevado sobre a beira esquerda do río Tajo. Construído polos árabes e reconstruído polos cristiáns foi finalmente declarado Monumento Histórico Artístico Nacional en 1874.
Conta con 25 habitacións dobres e 10 de catro camas, todas elas con baño. Tamén ten un amplo comedor e unha cafetería, salas de estar con distintos espazos e unha TV, salón de actos e salas de reunión,  piscina e unha ampla zona axardinada.

ARTES ESCÉNICAS

ACTIVIDADES
De artes escénicas: creación dun espectáculo teatral de rúa, obradoiros de danza, de expresión corporal, de vocalización, obradoiro de teatro, de batucada e percusión; outras actividades: tirolesa urbana, actividades acuáticas, xincanas; excursións: ao Parque de atraccións de Madrid, sinagogas, mesquitas, museo do Exército, biblioteca de Castela-A Mancha, roteiros e lendas polas rúas da zona vella e veladas nocturnas.

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

INSTALACIÓN XUVENIL

MODALIDADE

ANO NACEMENTO

DATAS

COTA

CÓDIGO

Albergue Xuvenil San Servando

Artes escénicas

08-09-10-11

02-11/07

247,50 €

500012

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.