Pasar al contenido principal
correspondentes

Correspondentes Xuvenís do IES Xulián Magariños participan no Proxecto ACADIX

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Xulián Magariños de Negreira están a participar no proxecto ACADIX (Actividade, Convivencia, Aprendizaxe, Diversidade, Igualdade e Xénero) que xorde coa idea de constituir unha experiencia enriquecedora, creativa e práctica, empregando recursos motivadores entre o alumnado de 3º ESO e 4º ESO.

 

Equipazo que vén de preparar e organizar a Campaña de Recollida de Alimentos da Infancia coa colaboración do Concello de Negreira.

A Campaña de Alimentos faise baixo o formato de “XuMa SOLIDARIO”, de tal xeito, que comezou o 9 de Decembro e rematará o 19 de Decembro. Dentro dos alimentos e produtos de primeira necesidade infantís que máis escasean e teñen unha grande demanda son leite, potitos, galletas, cereais, cueiros, xabón, produtos de limpeza,...

Queren agraceder a toda a Comunidade Educativa a súa colaboración e axuda.

Parabéns pola iniciativa!

Comments