Pasar al contenido principal

Lingua de Namorar 2026: Mensaxes da categoría A

1. G-A-L-E-G-O

Gozo de coñecer a terra, no lecer da sua lingua;
amo o mar e as ledicias das agarimosas verbas,
liberdade dos sentimentos do meu ser.
Érgome nova nunha das mil primaveras.
Galega viaxo no meu soño de bolboreta e
o sol aloumiña as miñas ás de pedra.

2. Amor de verán

Os nosos ollos búscanse entre a multitude,
as mans tremélannos dos nervios
e o corazón latexa con impaciencia
cando as nosas bocas se atopan na escuridade.
Se non te teño ata o ano que vén,
aproveitemos o momento ao cen por cen.
Bailemos ao son da Panoroma
e despidamos a velada cunha lenta bailada.

3. Podería ser?

Podería ser amor eso que sinto cando me miras? cando colles a miña man por debaixo da
mesa?, cando me regalas un sorriso contaxioso?, cando os teus beizos proban os meus?,
cando o tempo pasa voando na túa compañía? ou cando penso que non quero que acabe? Si,
podería ser amor.

4. Amor de-lirio

Escapábasenos o amor entre os intersticios das xanelas
dos poros da nosa pel
(unha pel)
e nós retíamolo
apreixados.
Adeus, quixen dicir
mais non dixen.
Fuxiches en silencio
(co ruído dun motor e do meu pranto)
e agora durmes.
O amor escapa e busca o teu refuxio
no que un lirio coroa
o teu voar.

5. Encanto de serea

Lamento as inclemencias da pantalla
que agora dáme días sen sentirte
e asubío, amor, serea, amor lonxano:
ilumina co teu corpo (lonxe ou preto) a miña sede.

6. O meu refuxio e o meu lar

Os teus ollos teñen a cor do mar bravo da nosa ría,
un faro de doce luz, que me aluma noite e día.
As túas mans son o orballo que acaricia o meu latexar,
contigo o inverno é maio, contigo eu quero quedar.
Por iso hoxe che prometo, baixo a lúa de cristal,
que o que sinto é un universo, sen principio nin final.

7. A túa mirada

Os teus ollos marróns
Míranme con esplendor
Non sei se é por amor
Ou se é por compaixón
Cando miras os meus ollos
Sinto aquela emoción
É coma unha canción
Que toca o meu corazón

8. Sempre ti

Cando estou soa penso en ti, cousa que me pode pasar con calquera persoa do mundo. O
problema é que cando estou pasandomo xenial non paro de pensar en que estes ti ao meu lado
vivindo xuntos esas sensacións. Necesito terte en todos os momentos da miña vida, necesito
que sexas sempre ti.

9. Queroche

Sinto decirche isto, pero non te quero. Un "te" nunca poderá expresar todo o que sinto por ti.
Cando estou contigo son eu de verdade, sen me ter que preocupar pola opinión de ninguén,
contigo son a miña millor versión. Por iso, e por moito máis, digoche con orgullo: "Queroche".

10. O romanticismo morreu

O romanticismo morreu cando chamaron “meloso” a alguén que só quería demostrar os seus sentimentos.
O romanticismo morreu cando chamaron “cursis” a rapaces que só querían expresar o amor un ao outro.
O romanticismo morreu cando chamaron “detonar” a algo tan íntimo e fermoso.
Deixar morrer o romanticismo doe porque non hai nada comparable ao amor.

11. Quérote, mais como amigos

Fíxeno, e arrepíntome
mais disinto por qué.
No fondo seino,
partinche o corazón
e a un lado deixeino.

Todo o mundo mo dicía,

-con eses ollos ninguén te mira-
non podo imaxinar

a dor que causou o meu actuar.
Merecías máis, dicía,
porque eu non che podía dar
o que ti sentías.
Quérote, mais doutro xeito
tentei amarte e fallei no intento.

12. O primeiro amor é inesquecíbel.

Procurando no pasado
topei o meu recordo namorado.
Lembreime de ti
e unha onda de bolboretas
no meu interior, comezou a rebulir.
As lembranzas tamén se achegaron
foi cando revivín o feitizo namorado.
Disque o primeiro amor nunca se esquece
e teño por feito que no meu corazón
a túa imaxe prevalece.

13. O amor que transforma a vida

Antes non entendía a palabra amor,
Ata que chegaches a miña vida e
Vin como o mundo cambiou de cor,
Vin como o cruzar as nosas miradas,
Un sorriso se nos escapaba.
Lembro a primeira vez
que me falaches,
e eu respondínche por educación,
sen imaxinar que acabarías sendo
unha das personas máis importantes
da miña vida.

14. Nos ollos do amor

Baixo a lúa, os nosos ollos cruzanse sen temor,
Túas mans nas miñas, latexa forte o noso amor,
Rímos, suspiramos, cada bico é unha canción,
Cada caricia é promesa do noso corazón.
Perdémonos e atopámonos na mesma emoción.

15. Ladróns de emocións

Hai persoas que chegan sen chamar á porta,
sen avisar,
pero que pouco a pouco van roubando
anacos do teu corazón

ata que cho rouban todo
Provocan ese brillo na túa mirada,
fan que pequenos momentos sen importancia
se volvan grandes recordos.
Pero, sobre todo,
adueñanse das túas emocións.

16. Raios de luz

Todo o meu mundo era gris,
ata que un día apareciches ti,
coma ese raio de sol que de súpeto rompe a tormenta
e forma un arco da vella,
o que fai que un día que era escuro se encha de cores,
e iso mesmo foi o que fixeches ti
na niña vida.

17. Namorar?

Namorar
é sentir que che rompen o peito
e te atravesan cun florete,
e atopar calor nas verbas
do inimigo que o sostén,
mentres os teus ollos
deixan de ver a luz do día
e só quedan os del,
á vez inimigo,
amigo e confidente.

18. Quérote

Quérote.
E todo o resto dá igual e non importa.
Quérote.
Os teus pasos polo corredor de mañán.
Quérote.
Amo cada fonema que sae dos teus beizos,
quero as verbas que lles regalas aos paxaros,
as notas que deberías cobrarlle á roupa do tendal.
Quérote!
E o resto éme igual.
Porque ti es a única verba
sobre a que xamáis poderei teorizar.

19. O que son

Pasan os días e nunca me decido a dicirche o moito que me importas, o moito que me gusta oír
a túa voz e o moito que te admiro. Miña nai, déboche a vida, o que son e o que o destino me

fará ser e, aínda que non cho desmostrase, quíxente desde que nacín, quérote durante todos
os minutos do día e quereite todos os anos que estea neste mundo.

20. O corazón tamén fala

Cando penso na palabra amor, doume conta de que o meu corazón tamén fala: a lingua que
me ensinou a querer o mundo, a lembrar de onde veño e a dicir “estou aquí” con orgullo.

21. Palabras que quedan

Houbo un tempo no que todo parecía fácil contigo. Dicir quérote saíame sen pensalo. Agora xa
non estamos xuntos, pero ás veces sigo lembrandome de esas palabras. Supoño que hai
amores que marchan, pero as palabras quedan.

22. Amor polo noso

Non todo o amor ten que ser por unha persoa. Eu tamén sinto algo así cando penso na Galiza:
na choiva, no mar e nas palabras que sempre escoitei na casa. Pode que non sexa o mesmo
amor, pero para min tamén conta.

23. Resiliencia

"Atrévome a dicir, que mesmo no home que máis sufriu por amor segue a vivir a esperanza de
volver a facelo. Iso si, coa persoa correcta. Quizais eu sexa ese home, e ti, miña namorada,
esa muller"

24. Bendita locura

"Louco, louco por amar todas as bondades que ti non podes ver, mais louco por amar cada un
deses defectos que ti tanto te esforzas en agochar"

25. Quérote

Nos teus ollos vexo os montes de carballos, os teus beizos saben a auga salgada do mar e o
teu sorriso lémbrame as dunas de area. A túa lingua fala o idioma dos poetas, o galego no que
podo dicirche ese “Quérote” tan fermoso coma tí.

26. Fogar

Nos teus ollos nace o verde dos montes,
nos teus beizos murmura o mar das rías.
Na túa pel descansa a brisa do Atlántico,
suave como as tardes de Galicia.
Cando as túas mans buscan as miñas,
o mundo queda lonxe, calado.
Porque no teu sorriso atopo a miña terra,
e no teu abrazo, o meu fogar soñado.

27. Os amores da vida

O amor é un sentimento especial,
algo que sentimos den querer,
ás veces algo que queremos sentir,
causas que non podemos evitar.
Para amar poñemos o corazón,
ata a alma podemos entregar,
sen recibir nada a cambio,
todo podemos dar.
Podemos amar sen ser amados,
e aínda así todo entregamos,
pero que bonito é que nos queiran
e ambos estar namorados.

28. Tipos de amores.

Hai amores pasaxeiros,
e outros que son para sempre,
hai amores que se esquecen
e outros que quedan na mente.
Os amores pasaxeiros,
duran un tempo e nada máis,
pero os amores eternos,
xamais se poden esquecer.
Amar significa coidar,
protexer a quen máis queres,
amar significa compartir
e a vida xuntos seguir.

29. O meu propio amencer

Pola maña sae o sol, anuciando o amencer. Pero eu non sinto o seu brillo e calidez ata ver o
teu dourado sorriso. Velo cheame de calidez. O sangue vai máis a modo, o corazon estremece
e o mundo deixa de ser banal.

30. Náufrago

Cando penso na tua mirada, sintome como si observara un océano: azul coma o ceo, tan
fermoso como unha illa para o náufrago. Tan deslumbrante que un se perde nel. Perdome na
tua mirada, pero non me quero encontrar.

Comments