Pasar al contenido principal
+Escénicas na provincia de Pontevedra

+Escénicas na provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra convoca o catálogo +ESCÉNICAS de espectáculos de artes escénicas realizados por compañías e artistas da provincia e resto da comunidade galega.
Pretende ser un apoio á programación de espectáculos profesionais de artes escénicas en galego nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra.

Poderán solicitar a inclusión de espectáculos de artes escénicas en lingua galega no catálogo +ESCÉNICAS as compañías, empresas de distribución de espectáculos e artistas profesionais que teñan o seu domicilio fiscal en Galicia.

O importe do caché do espectáculo, fixado libremente pola compañía ou os intérpretes, non poderá superar os 7.000 euros, impostos e necesidades técnicas incluídas.
Cada compañía, empresa de distribución ou artista só inscribirá un máximo de cinco espectáculos no catálogo, dos cales só poderá realizar un en cada concello.

A cada concello corresponderalle unha subvención máxima por parte da Deputación de 3.800 euros, correspondente á porcentaxe de pago do total de espectáculos solicitados.

Prazos:
Inscrición de espectáculos para a creación do catálogo +ESCÉNICAS. Prazo: Do 1 ao 28 de febreiro de cada ano
Solicitude de espectáculos. Prazo: do 17 ao 31 de marzo de 2025.
Desenvolvemento da programación: entre o 1 de abril de 2025 e o 31 de marzo de 2026.

Máis información no BOP de Pontevedra do 19 de febreiro de 2025 e en https://www.depo.gal/es/-/mais-escenicas

Comments