Pasar al contenido principal
Axudas á publicacións e estudos sobre o patrimonio da provincia de Pontevedra

Axudas á publicacións e estudos sobre o patrimonio da provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra convoca subvencións destinadas á edición en formato papel e a edicións audiovisuais, mixtas e noutros formatos especiais que se editen en galego normativo durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025.

Os traballos subvencionados, de carácter divulgativo, deberán tratar aspectos relacionados coa provincia de Pontevedra, co seu patrimonio material, inmaterial ou artístico, ou con persoas e colectivos relevantes desta.

En relación co patrimonio, serán obxecto de subvención as edicións que se relacionen cos seguintes tipos:

a) Bens inmobles catalogados que se encadren nalgunha das seguintes categorías: monumento; xardín histórico; sitio histórico; xacemento ou zona arqueolóxica; vía cultural; lugar de valor etnolóxico; conxunto histórico; paisaxe cultural; e territorio histórico.

b) Patrimonio cultural inmaterial: a lingua como vehículo do patrimonio cultural inmaterial; as tradicións e as expresión orais; a toponimia; as artes do espectáculo; as representacións e os xogos; os usos sociais; os rituais, as cerimonias e os actos festivos; os coñecementos e os usos relacionados coa natureza e co universo; as técnicas artesanais tradicionais; e as actividades produtivas.

Subvencionaranse, así mesmo, aqueles estudos de carácter provincial que traten aspectos coma a memoria histórica democrática, a igualdade entre sexos, a protección do medio ou a diversidade funcional.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 18 de marzo de 2025
Máis información no BOP de Pontevedra do 18 de febreiro de 2025

Comments