Pasar al contenido principal
Promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero a través das ANPAS

Promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero a través das ANPAS

A Xunta de Galicia convoca subvencións destinadas ás asociacións de nais e pais de alumnado (ANPA) e ás federacións ou confederacións de ANPA, dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para a realización das seguintes liñas de actuación:

a) Actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás ANPA e á comunidade educativa.

b) Actuacións orientadas a facilitar a corresponsabilidade nas familias con fillas e fillos de ata 16 anos inclusive, mediante a creación de servizos de coidado profesional e a creación de emprego de calidade no ámbito dos coidados, así como accións de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados ao desenvolvemento do Plan Corresponsables.

Accións subvencionables:

Desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero:
a) Escolas de pais e nais e/ou formación para as familias e/ou alumnado en temas de igualdade, de educación afectivo-sexual (aspectos fisiolóxicos e afectivo-emocionais) e sobre violencia de xénero.
b) Elaboración de materiais informativos para nais e pais que llos axuden a detectar a violencia de xénero da que poden ser vítimas ou agresores as súas fillas ou fillos adolescentes.
c) Realización de accións de formación, sensibilización e difusión contra a cosificación do corpo das mulleres e contra a hipersexualización das nenas, para as familias e/ou alumnado e comunidade educativa.
d) Formación para pais e nais e/ou para mozas e mozos sobre o uso adecuado e crítico da internet e as novas tecnoloxías, especialmente na protección da privacidade e sobre os ciberdelitos (stalking, sexting, grooming, etc.).
e) Accións de formación coas familias e/ou alumnado sobre novas masculinidades para romper cos micromachismos e os comportamentos machistas adquiridos polos estereotipos, e actuacións encamiñadas a mellorar a percepción que o alumnado e as familias teñen sobre a diversidade sexual e a homosexualidade, contra as situacións de acoso do alumnado LGTBIQ e as repostas da comunidade educativa perante o problema da homofobia.
f) Outras accións de formación e información para nais e pais e/ou para o alumnado que sensibilicen as familias sobre os estereotipos persistentes na sociedade e tamén no eido educativo e sobre pautas para previr a violencia de xénero, ou para detectala, e que se dean a coñecer entre as familias os protocolos existentes nos casos de agresións ou violencia contra as mozas.

Plan Corresponsables:
Actuacións cuxa finalidade sexa facilitar a conciliación das familias con menores de ata 16 anos de idade, mediante a posta en marcha de servizos de coidado profesional, a creación de emprego de calidade no sector dos coidados e a sensibilización da sociedade, particularmente dos homes, en materia de corresponsabilidade e coidados.

As solicitudes deben tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento SI449B e SI436C
prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 13 de marzo de 2025.
Máis información no DOG do 13 de febreiro de 2025 e en http://igualdade.xunta.gal

Comments