Pasar al contenido principal
O teu Carné Xove ten un seguro de viaxe

O teu Carné Xove ten un seguro de viaxe

Co voso Carné Xove tedes un seguro de balde que cubre o maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para que así poidades facer fronte aos imprevistos que poidan xurdir nas viaxes.

As características principais das garantías de asistencia son as seguintes:

Asistencia por accidente ou enfermidades durante a viaxe.
- Repatriación ou transporte sanitario de feridos ou enfermos.
- Transporte dos acompañantes.
- Inmobilizacións nun hotel.
- Repatriación ou transporte do asegurado falecido.
- Pago ou reembolso dos gastos médicos, cirúrxicos, farmacéuticos e de hospitalización no estranxeiro.
- Regreso anticipado por falecemento ou hospitalización dun familiar en España do asegurado incluíndo a transmisión de mensaxes urxentes.
- Servizos de información para viaxes ao estranxeiro.
- Anticipo de gastos de hospitalización no estranxeiro.
- Localización de intérprete en caso de accidente ou enfermidade no estranxeiro.
- Servizo de información sobre asistencia médica.
- Servizo de trámites administrativos para hospitalización.
- Billete de ida e volta para un familiar.
- Gastos de aloxamento para un familiar.

Asistencia por danos á equipaxe.
- Envío e/o reenvío de obxectos esquecidos e/o roubados no transcurso da viaxe.
- Roubos e danos á equipaxe.
- Retraso na entrega de equipaxe.
- Gastos de reposición da documentación de viaxe.
- Roubo na caixa forte do hotel.
- Roubo das chaves da vivenda habitual do asegurado.

Asistencia por retraso dos medios de transporte.
- Retraso na saída da viaxe.
- Cancelación da viaxe por folga.
- Perda da conexión por retrasos.
- Perda do medio de transporte por accidente "in itinere".
- Retraso por "over booking".

Asistencia por responsabilidade civil
- Responsabilidade civil no estranxeiro.
- Anticipo de gastos de defensa legal no estranxeiro.
- Anticipo de fianza xudicial no estranxeiro.
- Servizo de información legal.
- Procura de representante legal no estranxeiro.
- Obtención de salvocondutos.

Para consultar polo miúdo as coberturas e exclusións do seguro descarga a POLIZA coas coberturas

Todas estás prestacións serán efectuadas baixo petición expresa do asegurado a:

CASER, S.A.
Av. de Burgos, 109
28050 Madrid

Teléfonos:
En España: 902 100 728
No estranxeiro: +34 91 594 96 74

CASER, S.A. garante as prestacións dos servizos coa maior dilixencia e durante as 24 horas do día.

O número de póliza do seguro é: 19.227.336

Comments